BAILAR AGORA

  • Danza
  • Contemporánea
DATOS BÁSICOS

BAILAR AGORA - DANZA CONTEMPORÁNEA - GALEGO

BAILAR AGORA é a historia dunha bailarina que nace e medra nos anos 80-90 e que, a día de hoxe, se achega á corentena.

Marta Alonso diríxese ao público para compartir un percorrido pola súa traxectoria vital como bailarina e muller. Facendo referencia ao estado actual dos seus desexos e soños, comprometéndose a facelos realidade no momento presente. O xeito de levalo a cabo: bailando.

Como intérprete, recibe no 2021 o Premio María Casares a Mellor actriz Principal por Bailar Agora, estando nomeada nesta mesma edición a Mellor Actriz Secundaria por Dreaming Juliet da cía Elefante Elegante.

Como directora escénica, recibe no 2021 o Premio María Casares a Mellor Dirección por Bailar Agora, compartido con Pablo Rebolerio Rama. 

PREZOS

2026-03-07 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Intérprete: Marta Alonso Tejada

Dirección e interpretación: Marta Alonso Tejada

Coreografía e movemento: Victoria P. Miranda

Creación: Victoria P. Miranda, Pablo Reboleiro, Marta Alonso Tejada

Asistencia dirección e dramaturxia: Pablo Reboleiro

Asistencia movemento: Sergio Perol

Deseño de iluminación e espazo escénico: Laura Iturralde

Vestiario: Uxía P. Vaello

Espazo Sonoro e música: Xabier Bértolo

Producción: Manu Lago e Marta Alonso Tejada

Audiovisuais: Mila Ercoli e Ángel Sousa

Deseño gráfico: Paulina Funes - Visual Paulina Funes

Produce: Marta Alonso Tejada

Coproduce: Centro Coreográfico Galego, Xunta de Galicia