BENQUERER, FRAN SIEIRA BÁILALLE A CAAMAÑO&AMEIXEIRAS

  • Danza
DATOS BÁSICOS

BENQUERER, FRAN SIEIRA BÁILALLE A CAAMAÑO & AMEIXEIRAS - DANZA - GALEGO

Benquerer, querer ben ou quererse ben son algúns dos termos nos que afonda o novo espectáculo do bailador Fran Siera, un só de danza acompañado en directo polo dúo galego Caamaño & Ameixeiras. BenQuerer é unha peza íntima e emocional que conecta co cotiá, co día a día, e cos nosos procesos de adaptación ante os cambios, Reflexiona sobre como en ocasións asumimos máis do que, quizais, nos pertece. Non fala da felicidade permanente, nin de estar sempre ben: fala de aceptar os momentos nos que o corpo di basta, de coidarse e de aprender a poñer límites.

Nun mundo de constante cambio, nun sistema que premia producir, avanzar, continuar,... podemos permitirnos parar? Podemos mostrarnos vulnerables, sen medo ao xuízo ou a ser vistas como fráxiles?

Desde os marxes e sempre con perspectiva de xénero esta nova proposta de Fran Sieira ofrece o resultado dun proceso creativo persoal e íntimo, onde a través do seu propio relato convida a reflexionar sobre a importancia do autocoidado emocional, o amor propio e o respecto a un mesmo.

 

PREZOS

2026-04-24 - 20:30:

  • Abonados e tarifa reducida: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor: Fran Sieira

Dirección: Fran Sieira e Gena Baamonde

Adaptación: Fran Sieira

Escenografía: Fran Sieira

Deseño son: Caamaño & Ameixeiras

Deseño iluminación: Fidel Vázquez

Vestiario: Érica Oubiña

Música: Caamaño & Ameixeiras

Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana

Elenco artístico: Fran Sieira, Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño