O LIBRO DA SELVA - O MUSICAL - FAMILIAR E NFANTIL (A PARTIR DE 3 ANOS) - GALEGO
A historia clásica de Rudyard Kipling revive en galego nun gran musical para toda a familia. Ártika Cía convídanos a entrar nunha selva moi especial: unha cidade chea de animais, gobernada polo implacable Sherekhan.
Mowgli chega a este novo mundo e terá que aprender as súas regras para poder convivir cos seus habitantes. Mais… conseguirá convencer a Sherekhan de que o deixe quedar?
Música en directo, voces que emocionan e unha posta en escena chea de enerxía dan vida a un dos poucos musicais de gran formato creados integramente en galego. Un espectáculo único, vibrante e cheo de maxia, pensado para a infancia… e para todas as familias que queiran deixarse levar pola forza da aventura.