DIRE STRAITS BROTHERS IN BAND - BROTHERS IN ARMS 40 ANIVERSARIO

  • Música
  • Rock
DATOS BÁSICOS

DIRE STRAITS BROTHERS IN BAND - BROTHERS IN ARMS 40 ANIVERSARIO - INGLÉS

bROTHERS iN bAND regresa a Narón en 2026 presentando o seu novo espectáculo dIRE sTRAITS – BROTHERS IN ARMS 40th Anniversary European Tribute Tour, celebrando as catro décadas do icónico álbum Brothers In Arms e da súa posterior xira mundial. Considerado como o maior espectáculo internacional de homenaxe a dIRE sTRAITS, bROTHERS iN bAND percorreu Francia, Alemaña, Luxemburgo, Portugal, Países Baixos, Bélxica, Reino Unido, España, Colombia, Perú e México, recreando as diferentes etapas da inmortal banda de Mark Knopfler e destacando pola fidelidade e polo coidado extremo nos detalles dos seus espectáculos. Con esta nova produción, bROTHERS iN bAND recrea a impresionante xira que levou a dIRE sTRAITS a conquistar o mundo en 1985 e 1986, cun repertorio coidadosamente seleccionado que nos transporta a aquela inesquecible etapa musical, con grandes interpretacións da banda de Mark Knopfler, revivindo a maxia e a esencia daqueles concertos xa lendarios. A voz e a guitarra solista corren a cargo do xenial Angelo Fumarola, quen, interpretando o papel de Mark Knopfler en bROTHERS iN bAND, non se limita a emular a voz e o inconfundible estilo guitarrístico knopfleriano, senón que capta a esencia, a expresividade e a espectacular habilidade para transmitir emocións a través da guitarra, transportándonos á época na que Knopfler nos guiaba con melodías xa arraigadas no imaxinario colectivo e que forman parte esencial da historia da música moderna. Non menos importantes en bROTHERS iN bAND son os músicos que acompañan a Angelo Fumarola: unha espectacular banda que interpreta cunha fidelidade excepcional o repertorio que fixo eternos a dIRE sTRAITS, creando unha atmosfera evocadora e intensa que nos trasladará aos momentos musicais máis brillantes da desaparecida banda británica. Únete a bROTHERS iN bAND nunha viaxe na súa máquina do tempo e vive a experiencia dIRE sTRAITS como nunca antes! Se che gusta dIRE sTRAITS, vibrarás con bROTHERS iN bAND!

PREZOS

2026-04-18 - 20:00:

  • Prezo de promoción patio de butacas (180 entradas): 25,00 €
  • Patio de butacas: 32,00 €
  • Planta 1: 30,00 €
  • Planta 2: 28,00 €