SER HUMANA

DATOS BÁSICOS

Unha peza teatral escrita e creada en honra á memoria de Sabina Spielrein (1885-1942)

rescatando palabras do seu diario, a súa correspondencia e a súa teoría.

Ela atravesou a tolemia e habitou profundos delirios. Comezou a estudar psicoloxía mentres estaba internada, e apaixonouse de tal forma que comprendeu mesmo o funcionamento da súa enfermidade, colaborando activamente coa súa sanación. Ingresou á Universidade de Zúric e especializouse en psicoloxía e psiquiatría.

Logo desenvolveu achegas teóricas fundamentais para ambas as áreas. Paciente, alumna, amiga, amante, colaboradora e colega de Jung. Nos seus diarios, as súas cartas e a súa teoría, ela desenvolve ideas que moito máis tarde tomarán presenza nas obras tanto de Jung como de Freud. Con todo a súa historia estivo oculta durante moitos anos.

Trátase dunha obra dinámica que recorre  varias linguaxes teatrais e onde conflúen diferentes liñas temporais que mergullan ao espectador nun ambiente onírico, abordado dunha forma moi vital, conectando emoción, historia, humanidade e teoría.

Unha peza poboada de imaxes nadas da propia acción que nos convida a coñecer a unha fermosa muller postergada pola historia e revélanos a súa inmensa achega e amor pola vida.

- Premio Florencio 2018. Actriz en unipersonal

- Premio Escuela de Espectadores 2018. Categoría Unipersonal

- Premio Escuela de Espectadores 2018. Actriz en unipersonal

- Premio Mujer del Año 2018-2019. Categoría Actriz de Teatro

PREZOS

2026-03-13 - 20:30:

  • Abonados: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €
  • Reducida: 8,40 €
FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Freddy González

Dramaturxia e actuación: Angie Oña

Iluminación: Fernando Scorsela

Intervención musical e deseño sonoro: Pablo Bonilla

Escenografía e vestiario: Doce Monos

Fotografía: Oriana Larrea Díaz

Deseño gráfico: Gabriel Acosta

Asistente de dirección: Elisa Queirolo

Asesoramento de investigación: Psic. Renata Udler Cromberg