VIVA LA PEPA

DATOS BÁSICOS

Pepa é unha muller sen futuro, nai solteira de dúas xemelgas que vive a vida alimentada tan só polo aire que respira e, quizá, pola positividade e o sorriso que nunca perde ante tanta amargura.

Pero de súpeto todo cambia e, da noite para a mañá, convértese sen querelo nunha heroína. Os medios de comunicación fan dela a persoa máis popular do momento e políticos, xornalistas e programas de televisión dispútanlla.

A súa vida gris parece volverse rosa e as promesas de axudas para os seus fillos, para o seu alugueiro, para todo, aos poucos esquécense. Ante tanta mentira, Pepa decide dar unha puñada sobre a mesa e tomar as rendas aproveitando que aínda non perdeu de todo a popularidade. Quere ser alcaldesa da súa cidade, Melilla. Quen dixo que non pode selo?

Unha comedia chea de verdade, porque é na verdade onde nace a mellor comedia.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA 30MIN
Prezos: 
Público xeral: 12,00 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €
Información da billeteira: 

Público xeral: 12,00 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove o Estudante (ata 25 anos): 8,40 €

Funcións: 
Sábado, 23 de Outubro de 2021 20:00