FORMAS - FAMIILAR E INFANTIL ( DE 3 MESES A 4 ANOS) - GALEGO
FORMAS é o novo espectáculo para primeira infancia de Caramuxo teatro: a terceira parte da triloxía que comezou con REDONDO e continuou con CATRO.
Varios puntos van camiñando cara unha liña. Paseniñamente a liña que camiña e camiña a un mesmo son vai deformando o seu aspecto ata converterse nunha gran circunferencia. Un círculo… Amarelo! Mais agarda! Porque algo se agocha detrás… Outra circunferencia!…
Vermella! E outra esfera, esta vez azul, sae ao fin do seu agocho. Por fin comeza a festa das cores!!!
FORMAS é unha peza visual para primeira infancia que xoga coa transformación das figuras a través da danza, o teatro, a luz e os obxectos. Un espectáculo envolvente para gozar dunha das primeiras viaxes polo teatro.