MALQUERIDA

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

MALQUERIDA - DRAMA - CASTELÁN

Na facenda de verán de Esteban e Raimunda, celébrase a pedida de voda, de Acacia con Faustino. Ao quedar Raimunda viúva contraeu matrimonio con Esteban, odiado pola súa fillastra. A traxedia cérnese cando matan o noivo a noite da pedida. Os fillos do Tío Eusebio, pai do asasinado, acusan o sobriño de Raimunda, quen foi o primeiro pretendente de Acacia, pero outros no pobo saben que é inocente.

Comeza a escoitarse unha copla polas rúas: “O que queira á do Soto… ten pena da vida. Por querela quen a quere dinlle… a Malquerida” O cerco estréitase e os desexos ocultos e prohibidos empezan a aflorar. O Rubio, capataz da facenda, alimenta as rivalidades entre as familias. Raimunda decidida a descubrir a verdade, non descansará ata atopar esa luz que, como o lume, arrasará todos os seus soños.

 

PREZOS

2026-10-16 - 20:30:

  • Abonados: 12,60 €
  • Público xeral: 18,00 €
  • Reducida: 12,60 €

2026-10-17 - 20:00:

  • Abonados: 12,60 €
  • Público xeral: 18,00 €
  • Reducida: 12,60 €
FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Natalia Menéndez

Adaptación: Natalia Menéndez e Juan Carlos Rubio

Reparto: Aitana Sánchez-Gijón, Juan Carlos Vellido, Lucía Juárez, Goizalde Núñez, Dani Pérez Prada, José Luis Alcobendas, Alex Mola e Antonio Hernández Fimia.