CONGOSTRA

  • Danza
  • Contemporánea
DATOS BÁSICOS

CONGOSTRA

Congostra é un espectáculo de nova creación que versa, en clave contemporánea, sobre as tradicións da comarca de Ferrolterra, pretendendo ser unha testemuña da memoria colectiva que resiste como patrón de identidade frente ao esquecemento.

Neste espectáculo participan máis de trinta artistas entre corpo de baile, grupo de música e pandereteiras pertencentes ao Grupo Alxibeira do Padroado da Cultura de Narón. 

PREZOS

2026-07-11 - 21:00:

  • Prezo: 2,50 €
FICHA ARTÍSTICA
  • Intérpretes: Grupo Alxibeira 
  • Deseño luz: David Deive
  • Deseño espazo sonoro: Ángel Pardo
  • Deseño Audiovisuais: Antón Cabaleiro
  • Creación e Dirección: Quique Peón