ANÓNIMOS - FAMILIAR E INFANTIL ( A PARTIR DE 7 ANOS) - DANZA / CIRCO CONTEMPORÁNEO
ANÓNIMOS é un espectáculo de danza e circo contemporáneo, sensible e poético, que nos mergulla no subconsciente dunha muller que crea a través do papel unha realidade paralela, un refuxio onírico, onde o paso do tempo se converte en efémero e lixeiro para dar lugar á nostalxia do esquecido.
Unha peza cunha innovadora posta en escena, que fusiona a danza, a acrobacia, os equilibrios e a manipulación de obxectos fantásticos e marionetas surrealistas, para nos introducir nun mundo fráxil e traxicómico que nos propón unha ollada distinta sobre a soidade.
Premio ao mellor espectáculo da Fira de Títelles de Lleida 2024