VACANAL SINFÓNICA

  • Música
DATOS BÁSICOS

VACANAL SINFÓNICA - MÚSICA - GALEGO

Este novo espectáculo conmemora o X Aniversario do grupo nunha revisión sinfónica dos seus grandes éxitos. Un sorprendente achegamento da música orquestral ao universo vacún que conta co traballo do compositor Lucas Rei ao mando dos pentagramas.

Do variopinto repertorio das Vacas, nace pois, unha ópera en catro actos que abarca cancións, letras e vivencias.

Baixo unha coidada dirección de escena descúbrese un mundo insólito que non por divertido e surreal é menos serio e esplendoroso.

Para esta efeméride presentan unha proposta musical de gran formato, cunha orquestra de luxo creada para a ocasión, acompañadas dun orfeón consolidado e de gran renome como é o Coro da Rá.

Todos estos elementos confluirán na escena, suliñando o carácter sinfónicos dos seus grande himnos.

Se naceron espindo as cancións para interpretalas con só tres voces e unha guitarra, agora queren revestilas coas mellores galas para celebrar así estes 10 anos de vida compartida.

PREZOS

2026-11-28 - 20:00:

  • Abonados: 9,80 €
  • Público xeral: 14,00 €
  • Reducida: 9,80 €