COMPAÑA - FAMILIAR E INFANTIL ( A PARTIR DE 5 ANOS) - NOVO CIRCO
Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos.
A través deste proceso, consegue sentirse acompañado e leva ó público por un camiño cheo de sorpresas e risas.
Este espectáculo fusiona harmoniosamente o circo co mundo das marionetas, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.
O obxectivo é brindar unha experiencia agradable onde o público pode desfrutar da beleza e o humor sen preocuparse por outra cousa que non sexa deixarse levar pola emoción do momento.