ARTUR UI, O OVO DA SERPE

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

ARTUR UI, O OVO DA SERPE - COMEDIA - GALEGO

Artur Ui, o ovo da serpe é unha aposta por contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico.

Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fuciño fóra do ovo.

PREZOS

2026-10-03 - 20:00:

  • Abonados: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
  • Reducida: 6,65 €
FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Quico Cadaval

Adaptación: Quico Cadaval e Diego Rey

Reparto: Toño Casais. Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez, Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala, Artur Trillo