TROMSO - COMEDIA - GALEGO
Cando un ser querido nos deixa o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer.
Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.
Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias.
É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordos e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
TROMSØ é un proxecto que hibrida teatro, danza e música en directo.
Premios María Casares: Mellor Espazo Escénico, Mellor Iluminación