HELENA:XUÍZO A UNHA LURPIA

DATOS BÁSICOS

TEATRO CLÁSICO

Sinopse argumental
Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL,atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris.
Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises--, coa impotencia diante da crueldade da guerra…….
“Quen escrebe a historia?”.
Helena diríxese reiteradamente a nós con esa interrogante, rexeitando a maneira en que foi contada a súa vida. Agora quere que, antes de xulgala, escoitemos a súa versión dos feitos, sorprendéndonos con un relato apaixonado, intenso, cheo de tenrura, de humor, de berro e de dignidade.
O espectáculo 
O autor, tomando como punto central da súa proposta un tempo mítico que podemos situar nun milenio a.C., e abordando o drama dunha personaxe da mitoloxía grega, consegue que aquela muller dialogue inequivocamente en tempo presente coa cidadanía deste século XXI que nos toca habitar, e que comparta cos nosos públicos unha reflexión e unha denuncia ao redor do drama da muller contemporánea e tamén de moitas das dramáticas circunstancias polas que transita a nosa civilización: a constante e brutal capacidade
humana para a destrución, o saqueo, o asasinato, a violación, e/ou a insoportable sucesión de interminábeis guerras neste século XXI, iniciadas frecuentemente con xustificacións tan “curiosas” como foi o pretendido “rescate” da fermosa Helena para explicar ó inicio dunha guerra que se prolonga dez anos e que culmina coa destrución de Troia.
A loita pola dignidade, pola xustiza e pola igualdade; a intensa
denuncia contra a violencia de xénero e os abusos do poder
completan unha proposta relevante constantemente
contrapesada pola ironía, o humor e o sarcasmo de Helena e pola súa expresión irrefreable, fermosa, conmovedora, da enorme paixón que lle inspira Paris; un amor inmenso inzado de tenrura, desexo, loucura, vida. 

Xénero: 
  • Teatro
  • Clásico
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 10MIN
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) – Desempregados
Información da billeteira: 

Prezos
ABONADOS:  6,65 € 
PÚBLICO XERAL:  9,50 € 
 

*a venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

+info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 8 de Outubro de 2016 20:00
Helena.jpg