GET BACK

DATOS BÁSICOS

Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres.Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes,miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden. Que vas facer esta semana? Xa reservaches o voo para o Nadal? Sabes que detiveron a aquel rapaz que estudiara contigo en Santiago? O fillo do carniceiro non quere seguir co negocio. Cousas normais, de xente normal que se deixa mover polo meneo normal do metro. Pero o metro detense. Para en ningures por que queda atorado no medio do túnel e pode ser unha avaría, un atentado, unha forga ou todas as cousas á vez. E quedan os cinco. GET BACK mirando para o móbil e logo mirando para eles sucesivamente. O metro para e comenzan os problemas. Porque son cinco, porque teñen moitas cousas en común pero non o saben, porque están lonxe de onde son e porque cada un deles ten urxencias particulares. Están perdidos nun subterráneo de Londres e quizáis teña que vir rescatalos o exército.Pero primeiro van ter que entenderse. A comedia comeza como un accidente. Eles non saben cando entran a ese vagón con traxecto interrompido, pero son catro galegos buscándose a vida en Londres e un inglés que, nalgún tempo, se buscou a vida en Galicia. as vidas quedan cruzadas cando xusto se detén o movemento e a partir de aí case todo é retranca.

O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación sobre os londoners (nome que se dan a si mesmos os galegos que viven na capital británica). A achega a esta realidade permitiunos ir construindo, mediante un modo de traballo cooperativo, un proxecto sólido que reflicte, en certo modo, a realidade fraccionada da Galicia contemporánea. 

COMEDIA

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA Y 30 MINUTOS
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) – Desempregados
Información da billeteira: 

ABONADOS:  6,65 € 
PÚBLICO XERAL:  9,50 € 
 

*a venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

** + info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 24 de Setembro de 2016 20:00
get back 1.jpg