AQUÍ TOU

DATOS BÁSICOS

COMEDIA GALEGO

AQUÍ TOU é un monólogo cómico-existencial no que Touriñán aborda en clave de humor grandes preguntas da historia da humanidade:

"Descendemos todos do mono ou cada un descende dun animal distinto? Somos unha creación de Deus ou deseñounos unha empresa subcontratada por El? Somos seres racionais ou somos seres xenitais?"

Pero sobre todo, en AQUÍ TOU, Touriñán tratará de desvelar durante o espectáculo a nai de todas as preguntas:

"Estou neste preciso lugar e neste momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí?"

Durante máis dunha hora, Touriñán tentará responder a esa pregunta, e para iso fará un repaso da vida dous seus antepasados e da súa propia vida, animando aos espectadores a facer o mesmo, para intentar entre todos despexar a incógnita:

"Sí, AQUÍ TOU, pero...por que?"

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1HORA 10 MIN
Prezos: 
Público xeral: 12,00 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €
Información da billeteira: 

Público xeral: 12,00 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €

Funcións: 
Sábado, 16 de Outubro de 2021 20:00