Novas

monologos_interruptus.png
11/09/2018
[comment_count]

Dado o éxito alcanzado, a compañía Etiqueta Negra, que traerá o vindeiro 1 de novembro o espectáculo Monólogos Interruptus ao Pazo da Cultura, pon á venda outro pase, na mesma data , pero ás 18.00 horas.

Estará dispoñible dende xa pola pasarela web do Padroado, ou na billeteira a partires das 9.30 de mañán mércores 12 de setembro.

Bulide a mercar as vosas localidades!!

+ info 981 102 897.

07/09/2018
[comment_count]

Dende o Padroado da Cultura de Narón queremos felicitar o noso benquerido amigo #JavierGutiérrez pola nominación aos Premios Oscar da película #Campeones da que é actor protagonista. 
Lembramos que estará enriba do escenario do Pazo da Cultura o vindeiro 17 de novembro na compaña de Cristina Castaño co espectáculo ¿Quién es el Sr Schmitt? - Barco Pirata.

*As entradas xa están á venda na billeteira do Pazo ou a través da nosa web

+info 981 102 897 

07/09/2018
[comment_count]

O sábado, 15 de setembro ás 20h., comezamos a programación do novo trimestre no Pazo da Cultura de Narón da man de "Mofa e Befa" co espectáculo "Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira"

Neste novo período haberá espectáculos para todos os gustos, públicos e idades, xa que achégase un trimestre cheo de novidades: #teatro #danza #comedia #musical #infantil #teatrobebés #ballet #concerto...e moitas sorpresas máis...

Estade ao tanto dos eventos e da nosa programación na Web (https://www.padroadodecultura.es/), Facebook (PadroadodeCulturaConcellodeNarón) ou Twitter (PadroadodeCultura)

*As entradas para todos os espectáculos xa están á venda na billeteira do Pazo ou a través da nosa páxina web.

+info 981 102 897

#ViveoPazodaCultura

el_funeral_70x100_baja.jpg
29/08/2018
[comment_count]

A obra de teatro El Funeral , que se representará o vindeiro 22 de setembro ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, sufrirá un cambio no elenco según nos comunica a  compañía Pentación, encargada de traer a Narón esta comedia.

Dita compañía acaba de comunicar ao Padroado da Cultura que o actor Antonio Resines, que forma parte do elenco desta obra, non poderá actuar nesa data debido a unha lesión que o manterá lonxe dos escenarios, como mínimo, durante un período de seis meses.

Tras recibir esa comunicación informamos de que, no caso de consideralo oportuno, pode solicitar o reembolso da súa entrada ata o vindeiro 14 de setembro. Ese reembolso farase do mesmo xeito de pago en que se realizou a compra. Unha vez transcorrida esa data non se admitirán devolucións.

02/08/2018
[comment_count]

Informamos que a partir do vindeiro 18 de agosto, sae á venda do público en xeral a nova programación do Pazo da Cultura de Narón, dende ese mesmo día na páxina web do Padroado de Cultura , ou ben na billeteira do propio Pazo.

Lembrarvos que este mes de agosto estamos con horario de verán e abrimos de luns a venres de 9.00 a 14.00 h.

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición ,

981 102 897

 

 

Páxinas