Pisando Ovos celebra co Padroado da Cultura de Narón o Día Internacional da Danza.

Luns, 26 de Abril de 2021

Pisando Ovos finaliza o seu programa de reactivación de Directo 9 en Narón con varias actividades polo Día Internacional da Danza.

Pisando Ovos en colaboración co Padroado da Cultura de Narón recibiu o pasado ano unha axuda ao impulso do sector escénico por AGADIC, para a reactivación das súas producións a consecuencia da crise da Covid-19. A primeira fase realizouse o pasado outubro e novembro do 2020 cos ensaios da súa última produción Directo 9 e obradoiros de movemento.

A segunda fase do proxecto terá lugar os días 27, 28 e 29 de abril, semana adicada á celebración do Día Internacional da Danza 2021. Durante estos días volven retomar a última peza Directo 9 coas seguintes actividades:

ENSAIOS do proceso creativo Directo 9 no Pazo da Cultura de Narón os días 27, 28 e 29 de abril.

OBRADOIROS de movemento na Escola de Teatro de Narón o día 28 de abril con Rut Balbís.

PROGRAMACIÓN ESPECIAL DID Pisando Ovos xunto con tres compañías galegas de danza amosarán os seus últimos traballos o día 29 de abril na Praza de Galicia* de Narón ás 18:30h. Acceso gratuito.

(*Se chove trasládase a actividade ao Auditorio Municipal de Narón):

META de Cristina Montero

SET de Paula Quintas · Traspediante

LE BRUIT de Masa Madre

DIRECTO 9 de Pisando Ovos

O programa especial para a celebración do Dia Internacional da danza está organizado por Pisando Ovos e o Padroado da Cultura de Narón, coa axuda ao Impulso ás Artes Escénicas de Agadic · Xunta de Galicia e o apoio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña e Galicia Danza Contemporánea.

(+ INFO) 607 642809 https://www.pisandoovos.com/ https://www.pisandoovos.com/ddd21-gal