LETRAS GALEGAS 2021 ADICADAS A XELA ARIAS

Sábado, 15 de Maio de 2021

O Padroado da Cultura de Narón convídavos a celebrar o DÍA DAS LETRAS 2021, dedicado a XELA ARIAS, participando o 17 de maio na “Festa das Letras”, organizada polo Concello na Praza da Lectura.

E sumámonos tamén á celebración nas redes, coa palabra da poeta, editora, tradutora e activista cultural e social a quen Galicia dedica as Letras deste Día: Versos do libro de poemas Tigres coma cabalos, de Xela Arias, na voz da cantante, actriz e docente da Escola de Teatro do Padroado da Cultura, Bea García.