23 E 24 DE ABRIL NO PAZO DA CULTURA

Luns, 19 de Abril de 2021

Informamos de que están esgotadas as localidades para o concerto deste venres 23 de abril, no que Xoel López presenta o seu disco Si mi rayo te alcanzara.

Tamén comunicarlles que este sábado día 24 de abril ás 20.00h temos a representación da obra de Alberto Sanjuan, Autorretrato de un joven capitalista español, para o cal estamos a vender as derradeiras 50 localidades que podemos vender coa actual capacidade permitida. Poden mercar coma sempre as entradas no despacho de billetes ou a través da nosa páxina www.padroadodecultura.es

Remarcar que seguimos instaurando todas as normativas anticovid para ofrecerlles unha oferta de ocio segura.