O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado da Cultura realiza o primeiro sábado de entroido o seu xa tradicional Festival de Comparsas, que dende o ano 2012, realízase no Pazo da Cultura de Narón. Neste Festival participan un máximo de 7 comparsas de Narón e 3 de fora do concello, realizando un pasarrúas, pola zona urbana , e tendo que realizar diferentes actuacións nunha parroquia diferente á propia da comparsa, facendo así, que o Entroido de Narón chegue a tódolos puntos do concello, descentralizando a actividade cultural.