CIRCO DO NADAL

DATOS BÁSICOS

CIRCO

Circo de Nadal significará un gran paso adiante na longa historia dos espectáculos circenses do Nadal. Neste show a enerxía da Festa Escénica brilla en todo o seu esplendor, destilando surrealismo e harmonía circense.

Os osos polares animatrónicos, que se presentan por primeira vez en España, son sen dúbida una das atraccións máis impactantes. Esta innovadora experiencia de crear animais artificiais para as pistas de circo, cunha aparencia externa e unha graza de movementos que os fan adquirir un realismo admirable, xa tivo un recoñecemento mundial tras a súa recente presentación en Alemaña.

O espectáculo susténtase sobre unha magnificente escenografía, especialmente deseñada e construída para a ocasión ou antes utilizada nun circo. Un vestiario coidadosamente elaborado. Unha luminotecnia con maquinaria de última xeración e o dominio das máis variadas disciplinas circenses. Isto último é posible grazas á participación de artistas de renome mundial chegados de Canadá, Mongolia, Brasil, Rusia, Alemaña e Italia, ademais de destacadas figuras galegas.

En total, máis de sesenta persoas entre artistas, adestradores e técnicos… todos unidos por un único obxectivo: dar vida á ilusión do Nadal.

Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA
Prezos: 
Público xeral: 12,00 € Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 € Menores de 14 anos: 7,00€
Información da billeteira: 

Público xeral: 12,00 €

Abonados - Desempregados - Carné Xove ou Estudante (ata 25 anos): 8,40 €

Menores de 14 anos: 7,00€

Funcións: 
Domingo, 19 de Decembro de 2021 12:30