Novas

Poñemos á venda dous novos eventos aptos para tódolos públicos. Son os seguintes:
Os golfiños e o xigante de Fantoches Baj o domingo día 19 de abril ás 18.00h.
Coldplay Kids, de Tertulia Produccións, o sábado 9 de maio ás 17.30h.
As entradas están xa dispoñibles na nosa web ou directamente no despacho de billetes do Pazo da Cultura de Narón.
RECORDADE que a partir de hoxe, SÁBADO 28 de decembro, TODA A PROGRAMACIÓN do primer trimestre do ano 2020 (xaneiro, febreiro e marzo) do Pazo da Cultura de Narón, está á VENDA AO PÚBLICO XERAL!!!
..., o que quere dicir que xa podedes mercar ás vosas localidades para calquer espectáculo a través das billeteiras do Pazo ou da nosa web
+info ☎️ 981 102 897
#ViveoPazodaCultura
HOXE, VENRES 27 de decembro ás 20.30h., no Pazo:
Noró - Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre
*RECORDADE:⚠️
Tod@s @s que teñades ás entradas mercadas para o pasado día 21 de decembro e hoxe non podades asistir, as devolucións faranse efectivas ata HOXE ÁS 20H., a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón.
**Entradas á venda nas billeteiras do Pazo ou a través da nosa web:
www.padroadodecultura.es
+info 981 102 897
#ViveoPazodaCultura

Por mor da alerta vermella declarada entre as 15.00 e as 3.00 de mañán sábado, o espectáculo "Noró" de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre queda aplazado para o venres 27 de decembro ás 20.30h.
De non poder acudir, poden solicitar a devolución na taquilla do Pazo presentando as entradas.
Poden chamar para calquera dúbida ao 981 102 897.
Narón, 20 de decembro de 2019. O Concello de Narón activará o Plan de Emerxencia Municipal debido ao mal tempo de hoxe e á declaración de alertas por temporal para esta fin de semana –que será vermella mañá entre as 15.00 e as 03.00 horas do domingo-. A medida implicará a suspensión de varios actos incluídos no programa Nadal Narón e doutras actividades que se ían desenvolver en instalacións municipais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »