Novas

Outra pequena mostra das aulas da última semana de curso das Escolas Culturais que estes días celebramos nas Prazas do Concello: Construción de instrumentos de Percusión Tradicional, Debuxo, Pandeireta e Canto, Bailes de Salón e o Recuncho d@s Pequech@s.

Atención!! Ante a ampliación de aforos, poñemos á venda máis localidades para ambos pases de #Principiantes e para #SéInfielYNoMiresConQuién Seguimos a cumprir con tódalas medidas de seguridade anti-covid. Non vaias quedar sen a túa entrada! #ViveOPazoDaCultura

As Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura celebran esta semana o remate das súas actividades no curso 2020/2021 nas Prazas de Narón. Aquí tedes algunhas imaxes das aulas de Baile Tradicional, Pandeireta e Canto, Gaita e Percusión e Zanfona celebradas este martes ao aire libre (Prazas da Solaina, da Gándara, da Lectura, 23 de novembro e Álvaro Paradela), e tamén unha pequena mostra do traballo da Escola de Formación de Actrices e Actores, no escenario do Auditorio Municipal.

O 27 de maio ás 19.00h no Café teatro do Pazo da Cultura, terá lugar a 2ª ponencia a cargo de Don Constantino Sambade Tarrela, xerente de Odeón Multicines , e de Don Juan García Domene, subxerente e xefe técnico de Odeón Multicines.
Aforo máximo permitido para este evento 40 persoas, por estricta orde de chegada.

A cita, na que o artista Ilde Díaz actuará xunto con dezasete artistas convidados, terá lugar o 27 de maio ás 20.30 horas
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »