Novas

Joaquín Reyes presenta un novo espectáculo de humor en Narón o próximo 4 de febreiro de 2022 como quedades? co cu torcido? Twisted ass?.
Preparou con gran esmero unha amálgama de parvadas para deleite do seu querido público e tamén, dalgún descoidado que se meta no teatro buscando humor intelixente. A pesar de ser xa un viejuno —no mundo da comedia enténdese—, Reyes non perdeu a frescura dos seus inicios chanantes isto quere dicir que segue facendo bromas sobre pedos? Efectivamente así é. Ironía fina —e tamén gorda—, ideas “ relocas” e cantigas nihilistas todo iso e moito máis é Festexen a broma!
A lombos dun pónei alazán percorrerá a gran maioría dos teatros do país, nunha xira onde se comprometeu a actuar sobrio. Non llo perdan e… festéxeno!

AUTÉNTICOS FARSANTES … o vindeiro 27 de decembro ás 20.30h, veñen a presentar ao Auditorio de Narón en exclusiva mundial o seu primeiro traballo discográfico titulado “Auténticos Farsantes en directo e un pelín trasnochados”
Foi grabado recentemente, en directo, na sala La Room de Ferrol, contando coa dirección de Segundo Grandío do estudio “Casa de Tolos” e producido pola a empresa ferrolá Run-Rum Axencia.
Auténticos Farsantes é unha banda de rock naronesa composta por :
Fernando Couce (Batería, mazas, palillos chinos, etc);
Chechu Mosquera (Baixo e voces);
Carlos Mosquera (Guitarras, silbidos, voces e susurros varios)
Jose Prieto (Voz e megáfono)
A banda xorde da inquedanza de Jose (Dramaturgo, director e cantante) que compón as cancións que nacen das mesmas neuras que as súas obras de teatro, pero sen nostalxias e si con moita ironía e moito humor.
As entradas están xa á venda nesta páxina web ou no despacho de billetes do Pazo da Cultura de Narón.

O pintor Andrés Gabarres recolleu o máximo galardón pola súa obra Plastic Hotel

O pintor ferrolano Andrés Gabarres faise con premio na XIIIª Edición do Concurso de Pintura "Cidade de Narón"

Os cómicos estarán os días 28 e 29 de decembro no Pazo da Cultura
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »