Novas

O vindeiro venres 6 de febreiro ás 19:00 h. inaugúrase a exposición 150 ANOS DUNHA VILA MARIÑEIRA - PONTEDEUME 1865 - 2015 , no Pazo da Cultura.

Lembrámosvos a todo o público interesado, que o prazo de inscrición de comparsas para a participación no Entroido de Narón 2015, permanecerá aberto ata o vindeiro venres 30 de xaneiro ás 19:00 h.
A inscrición das comparsas será por rigorosa orde de inscrición no rexistro do Padroado da Cultura.

O Padroado da Cultura no seu afán por mellorar os servizos que presta á cidadanía presenta hoxe a súa nova Páxina Web. Pretende ser un punto de encontro entre a cidadanía e a administración que faga máis doádos tódolos trámites dependentes do Padroado da Cultura, así como, axilizar o contacto coa administración local na área de Cultura. Dende o Padroado da Cultura do Concello de Narón traballamos para tender pontes que permitan a tódolos habitantes do Concello ser participes da súa vida cultural.
Lembrámosvos que durante un tempo estamos en fase de probas, e que algúns contidos serán modificados en breve, para que teñades toda a información cultural de Narón o máis actualizada posible. Tamén podedes seguirnos nos nosos perfís de Twitter e Facebook.
Rogamos desculpedes os posibles erros que poidamos cometer neste fase de inicio e estamos abertos ás vosas suxestións.
Como sempre, Narón é Cultura!
O Padroado da Cultura abrirá o vindeiro 26 de xaneiro o prazo para a inscrición de comparsas no seu Festival de Entroido 2015, que permanecerá aberto ata o venres 30 de xaneiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69