PONCIA

  • Teatro
  • Contemporáneo
DATOS BÁSICOS

PONCIA - FESTIVAL SINGULAR

Dentro dunha tormenta de néboa, Poncia, a criada de Bernarda Alba, reza pola morte de Adela. A casa sumiuse nun mar de silencio. Poncia fala soa e tamén con elas, con Bernarda Alba e as súas fillas.

Este texto está escrito a partir das intervencións do personaxe de Poncia na obra de Federico García Lorca. Nunha profunda análise do personaxe rescatei as intervencións de Poncia e convertinas en reflexión, en soliloquios, en diálogos con pantasmas e sombras. Deste xeito alúmase un novo mirar dentro da casa. Na obra orixinal asistimos a unha sucesión de feitos que se desenvolven, aquí, nesta Poncia, non. Ela fala despois do shock producido polo suicidio de Adela. Todo ocorre despois da súa morte.

A lingua de Poncia desátase nun lugar prohibido para as palabras. Poncia axusta contas coas habitantes que sobreviven dentro. Descubrimos a simpatía de Poncia pola máis nova da casa. Reivindícaa, Morreu unha femia valente di, e cúlpase así mesma de non facer máis do que fixo para separar aos amantes clandestinos. A Poncia sempre me suxestionou como ningún outro personaxe dos que habitan na casa de Bernarda Alba. Os personaxes das criadas encerran un enigma interesante.

Son personaxes que son testemuñas dos avatares dos protagonistas. Coñecen a verdade do interior das casas e posúen a filosofía oculta das clases populares.

Escoitamos a voz da criada para iluminar os recunchos da obra de Lorca. A Poncia fala de suicidio, de liberdade, de culpa, de clase, de educación, de sexo e fálao con toda a forza da voz que foi maltratada e calada. A alma da Poncia ábrese para insistir na necesidade de transferir aos demais a idea de amarnos en liberdade.

 

PREZOS

2024-03-01 - 20:30:

  • Abonados: 9,80 €
  • Desempregados - carné xove ou estudante ( ata 25 anos): 9,80 €
  • Público xeral: 14,00 €
FICHA ARTÍSTICA

INTÉRPRETE:                                      Lolita Flores

Dirección:                                           Luis Luque

Autoría:                                              Federico García Lorca

Composición musical:                      Luis Miguel Cobo

Adaptación:                                       Luis Luque

Ayudantía de dirección:                  Álvaro Lizarrondo

Escenografía:                                     Monica Boromello

Iluminación:                                      Paco Ariza

Vestuario:                                          Almudena Rodríguez Huertas

Fotografía:                                         Javier Naval

Producción ejecutiva:                      Jesús Cimarro