MISS DOCET

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

MISS DOCET - FESTIVAL SINGULAR

O novo proxecto teatral de Iria Pinheiro Santos ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a “Miss España galeguista”.

A interpretación da actriz guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres tamén silenciadas despois de 1936.

Como un desfile de voces, ecos e silencios, “Miss Docet” recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.

 

PREZOS

2024-03-15 - 20:30:

  • Abonados: 6,65 €
  • Desempregado - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Actriz Protagonista : Iria Pinheiro Santos

 

Vestiario : Gasa Damasco

Iluminación : Xacobo Castro

Dirección : Vanesa Sotelo

Espazo sonoro : Mónica de Nut

Espazo escénico : Cía. Eléctrica