ME LLAMO SULEIMÁN - DRAMA - CASTELÁN
Me llamo Suleimán é unha obra centrada na emigración clandestina entre África e España, e máis concretamente na viaxe que han de realizar os que emprenden a aventura de realizala. Coñecer como é a viaxe do emigrante –tanto a que se realiza entre África negra e o norte de Marrocos, a través do Sáhara, como a que transcorre entre as costas africanas e as canarias- pódenos axudar a comprender mellor a decisión que deben tomar miles de persoas e formular cales son as razóns para tomala, sabendo que –como por desgraza ocorre con moitísima frecuencia- as súas vidas corren perigo.
A nosa sociedade faise moitas preguntas sobre o fenómeno da emigración, pero son xeralmente preguntas sobre a súa propia situación. É sen embargo fundamental que nos fagamos tamén preguntas sobre o que acomete a gran viaxe, para comprender na súa globalidade o problema.
Temos unha visión distorsionada da realidade da emigración e é importante superar esa situación, porque miles de africanos estanse a incorporar á nosa sociedade e non debemos permitir que iso sexa un factor de desestabilización social: asumir a diversidade cultural e humana dunha sociedade como elemento enriquecedor require un esforzo por coñecer mellor ao outro e aceptar a diversidade como algo positivo.
Me llamo Suleimán pretende contribuír ao achegamento entre quen emigra e quen recibe ao emigrante, un reto tan fermoso como imprescindible, dándolle voz a un mozo que chega ás nosas costas para contarnos como foi a súa viaxe e que foi o que o impulsou a empréndela.