DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023 MARTÍN CODAX

  • Música
DATOS BÁSICOS

CONCERTO DA SOPRANO E PIANISTA ADICADO A MARTÍN CODAX

O vindeiro xoves 28 de setembro terá lugar ás 20:30 horas no Pazo da Cultura de Narón (Rúa Holanda, s/n, Narón. A Coruña) o sétimo concerto dedicado á obra de Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023,  “Día das Artes Galegas 2023 Martín Codax” no que a soprano Clara Jelihovschi Panas e a pianista Margarita Viso interpretarán as “Cantigas de Martín Codax” na versión de Margarita Viso; “Soedades” de Marcial do Adalid a partir dun texto popular; “As lixeiras anduriñas” de Juan Montes, con texto de Salvador Golpe; “Cantiga” de José Castro Chané, con texto de Curros Enríquez e “Mayo longo” de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro. O acto, así mesmo, contará coa introdución “Martín Codax, a identidade da música galega” a cargo do Académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Juan Durán.

O recital, que continuará por diferentes vilas galegas, conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Narón e forma parte dos actos de celebración do “Día das Artes Galegas 2023” dedicado nesta edición á figura de Martín Codax, primeiro autor galego do que se conserva texto e música, presente a través de trazos identitarios do que hoxe entendemos por música galega, tanto da popular como da culta. Con tal motivo, na entrada ao Pazo da Cultura de Narón, serán expostos paneis explicativos sobre o Pergamiño Vindel, as Cantigas e os compositores do rexurdimento, que servirán de apoio para comprender a importancia de Martín Codax na música popular galega.

 

PREZOS

2023-10-05 - 20:30:

Recoller as entradas en taquilla