CONCERTO DE FIN DE ANO - ASOCIACIÓN MUSICAL SEMENTEIRA - MÚSICA
A Asociación Cultural e Musical Sementeira recolle e mantén viva a tradición celebrada en Narón dende as últimas décadas do século XX de despedir o ano con música organizando este concerto que busca ser un punto de encontro entre distintas xeracións de músicos e de posta en valor da rica actividade cultural do Concello de Narón.
O ano 2025 vén marcado polo 30 aniversario da creación da Banda Infantil Sementeira de Narón, unha agrupación cunha utilidade formativa avalada pola súa ampla traxectoria, que marcou os inicios musicais de varias xeracións de nenos e nenas de Narón e de toda a bisbarra.
Ademais da colaboración da Escola de Teatro, que realza este evento coa súa presentación, contaremos coa colaboración das Escolas do Padroado da Cultura do Concello de Narón, de Baile Tradicional e de Baile de Salón, que darán vida coa súa danza a varias das pezas programadas durante o concerto.
Director da Xove Banda de Narón: Francisco San Ramón Calvo
Directora da Banda Infantil Sementeira: Alejandra Medín Doce
Agradecementos:
- Escola de Actrices e Actores do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
- Escolas Culturais de Baile Tradicional e Baile Deportivo.