O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
- Formación de alumnado do oficio da interpretación, impartida por profesionais das Artes escénicas, audiovisuais e musicais.
- 4 cursos: arredor de 2.000 h. de percorrido formativo.
- Montaxe e representación de espectáculos.
- Formación de monitorado especializado en actividades teatrais.
- Cursos escolares de outubro a xuño.
NIVEIS FORMATIVOS: CURSO DE ACCESO, PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO
ÁREAS DE TRABALLO ESCOLAR: Aproximación á teoría e práctica do teatro, interpretación, voz e dicción, teatro físico, prácticas de posta en escena, creatividade dramática, teoría do teatro e a interpretación, historia do teatro universal, historia do teatro galego, música e canto, ritmo, danzas( clásica, contemporánea, tradicional, de parellas e de musicais), espazo escénico, caracterízación e vestiario, luz, son e tremoia, competecias e responsabilidades, producións e distribución teatral, didáctica do teatro,montaxe de espectáculo anual.
ORGANIZADAS POLA ESCOLA: Cursos monográficos, encontros con profesionais das Artes Escénicas, visitas a espazos teatrais de interese, asistencia a espectáculos teatrais programados no Auditorio Municipal, no Pazo da Cultura e noutros espazos, encontros con outras escolas artísticas, compañías profesionais e grupos amadores, representación de espectáculo anual e outros en cartel, mostras escénicas de actividade escolar e colaboracións con actividade escénicas e audiovisuais de entidades públicas e privadas.
ORGANIZADAS POLO ALUMNADO: Noites na Escola (Representación de pezas breves postas en escena por iniciativa do alumnado.)
FOTOS: ESTEVO BARROS
Realizará actividades de fin de curso abertas ao público ata o 13 de xuño
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas foi a distinguida na edición XXV dos Premi...