O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Obradoiros Municipais de Teatro, dirixidos ao conxunto da poboación, entre outubro e xuño, realizados en colaboración con entidades municipais de carácter veciñal e cultural, así como con ANPAS, Servizo Sociocomunitario e outros, impartido por onitorado formado na Escola de Actrices e Actores.
TEATRO INFANTIL: Actividade lúdico - educativa para nenos e nenas entre 4 e 12 anos.
TEATRO XUVENIL: Actividade cultural e educativa para a mocidade entre 12 e 17 anos.
TEATRO DE MAIORES: Actividade sociocultural para persoas maiores de 65 anos.
TEATRO PARROQUIAL OU VECIÑAL: Actividade cultural de Teatro Amador para maiores de 18 anos.