Flor Maceiras entrega o Premio de Honra Marisa Soto

Sábado, 11 de Setembro de 2021

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas foi a distinguida na edición XXV dos Premios de Teatro María Casares

A directora da Escola de Formación de Actores e Actrices do Padroado da Cultura de Narón, Flor Maceiras, entregou na noite deste pasado xoves, día 10, o Premio de Honra Marisa Soto á Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas no transcurso da gala dos XXV Premios de Teatro María Casares, celebrada no Teatro Rosalía de Casto da Coruña.

Maceiras recibira esta mesma distinción na pasada edición en recoñecemento do seu enorme labor como actriz e docente e dunha traxectoria caracterizada pola súa entrega absoluta ao mundo da escena.

Actrices e actores