Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentáneamente a saia escocesa e póñense smóking para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente. O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto. Desta volta viaxan a Brodway. Cos sachos, claro. E bailan...claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Menú da Noite. I+D con música de Budiño e Kepa Junquera.
Risas aseguradas. ( E debuxadas)