MENÚ DA NOITE

DATOS BÁSICOS

Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentáneamente a saia escocesa e póñense smóking para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente. O debuxante de Bueu e o actor  arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto. Desta volta viaxan a Brodway. Cos sachos, claro. E bailan...claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Menú da Noite. I+D con música de Budiño e Kepa Junquera.

Risas aseguradas. ( E debuxadas)

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA Y 30 MINUTOS
Prezos: 
Venta anticipada: 10€ - Venta Día Actuación: 12€
Información da billeteira: 

VENTA ANTICIPADA: 10€

VENTA DÍA ACTUACIÓN: 12€ 

+info 981 102 897

 

Funcións: 
Sábado, 21 de Maio de 2016 20:00
menudanoite