SEÑORES QUE DIN - COMEDIA - GALEGO
Cecilia, Celia e Lía non poden ser máis distintas. As súas vidas, traballos e relacións están moi afastados entre si. Aparentemente non teñen nada que ver, excepto que son irmás trixemelgas trivitelinas concibidas nunha noite de liberación sexual a finais dos anos setenta.
Un día reciben a chamada de Pepa, a súa nai, para que acudan á casa familiar de Cabo Home onde vive retirada.
Señores que din é a historia dun reencontro entre catro mulleres e fala das cousas que viviron, as que esperan vivir, os medos, rancores e alegrías. Fala tamén de homes: maridos, compañeiros, fillos, xefes e tipos aleatorios cos que se atopan a diario. Homes, señores que critican, que cuestionan, que se alían, que acosan. En definitiva: Señores que din.
A nosa historia fala do que din eses señores pero, sobre todo, fala do que pensan elas dos señores que din. Señores que din é unha comedia machirula De Ste Xeito interpretada por mulleres.