NUESTROS MUERTOS - DRAMA - CASTELÁN
Unha muller octoxenaria acepta ter unha entrevista co preso de ETA arrepentido que matou o seu fillo. Durante a conversación, que alterna a serenidade e mesmo o bo humor cunha tensión e unha dor ás veces difíciles de soportar, vanse debullando moitos dos temas esenciais destes anos terribles en que ETA ocasionou máis de 800 mortos, rompeu miles de familias e conmocionou a todo un país.
Pero tamén, durante este diálogo infestado de silencios e preguntas sen resposta, a mirada vai ir cara á represión franquista, que arrebatou a vida do pai da anciá oitenta anos antes e provocou unha ditadura de case corenta anos e deixou máis de cen mil desaparecidos por todo o país.
Así pois, este é un diálogo onde o coche bomba etarra convive coas pistolas dunha cuadrilla de falanxistas, para afondar na terrible soidade de quen foi unha vítima de ambos.