NUESTROS MUERTOS

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

NUESTROS MUERTOS - DRAMA - CASTELÁN

Unha muller octoxenaria acepta ter unha entrevista co preso de ETA arrepentido que matou o seu fillo. Durante a conversación, que alterna a serenidade e mesmo o bo humor cunha tensión e unha dor ás veces difíciles de soportar, vanse debullando moitos dos temas esenciais destes anos terribles en que ETA ocasionou máis de 800 mortos, rompeu miles de familias e conmocionou a todo un país.

Pero tamén, durante este diálogo infestado de silencios e preguntas sen resposta, a mirada vai ir cara á represión franquista, que arrebatou a vida do pai da anciá oitenta anos antes e provocou unha ditadura de case corenta anos e deixou máis de cen mil desaparecidos por todo o país.

Así pois, este é un diálogo onde o coche bomba etarra convive coas pistolas dunha cuadrilla de falanxistas, para afondar na terrible soidade de quen foi unha vítima de ambos.

PREZOS

2026-01-24 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida : 9,80 €
  • Público xeral: 14,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Intérpretes: MARÍA ÁLVAREZ, CARLOS JIMÉNEZ-ALFARO, CLARA CABRERA, JAVI DÍAZ

Vestiario e escenografía: Laila Ripoll

Música: Mariano Marín

Deseño de iluminación: David Roldán

Cartel: Javier Naval

Prensa e comunicación: María Díaz

Axudante de dirección: Héctor del Saz

Produción e distribución: Joseba García

Texto e dirección: Mariano Llorente