ANDERSEN, EL PATITO FEO

  • Infantil
DATOS BÁSICOS

ANDERSEN, EL PATITO FEO - FAMILIAR E INFANTIL (A PARTIR DE 4 ANOS) - MONICREQUES - CASTELÁN

Andersen, el patito feo proponnos mergullarnos na coñecida historia desta ánade e na infancia do seu autor, o escritor danés Hans Christian Andersen (1805-1875), quen dicía que este conto era a súa autobiografía tamén.

El foi un neno diferente aos demais. Polo seu físico, torpeza e baixa clase social. Sufriu acoso, rexeitamentos e achou refuxio na literatura, no teatro, nos monicreques, nos papeis recortados. As súas feridas conseguiu cambialas e convertelas en contos, que centos de anos despois lense no mundo enteiro e revélanse como auténticos relatos que forman parte do patrimonio da humanidade.

O espectáculo inspírase ademais nunha parte menos coñecida do legado de Andersen: os papeis recortados que fixo durante toda a súa vida, tamén co obxectivo de contar historias con eles.

A fábula El patito feo aborda temas tan cruciais para a sociedade contemporánea como o bullying, a xenerosidade, a beleza, a aceptación corporal, a autenticidade, o amor propio.

En forma de conto musical, monicreques e narración, trazan as augas deste estanque felizmente poético que pon en valor a importancia da bondade, o afecto e a imaxinación como espazos de comprensión do mundo.

PREZOS

2026-01-18 - 18:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Nenos e nenas: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Dirección de escena, deseño de escenografía, monicreques e vídeos: Enrique Lanz

Dramaturxia: Yanisbel Victoria Martínez e Enrique Lanz

Música: Jordi Cornudella

Deseño de iluminación: Lía Alves

Deseño e confección de vestiario: Laura León

Actores: Cristina Colmenero, Leo Lanz, Christine Mackenzie e Yanisbel Martínez

Construcción de escenografía e títeres: Cristina Colmenero, Enrique Lanz, Leo Lanz e Christine Mackenzie

Confección de elementos textiles: Genoveva Morillas

Asesoría técnica: José Carrión

Coach actoral: Rey Montesinos

Voz en off: Enrique Árbol (colaboración especial)

Deseño gráfico: Alfonso PerroRaro

Axudante de producción: Cristina Colmenero