ANDERSEN, EL PATITO FEO - FAMILIAR E INFANTIL (A PARTIR DE 4 ANOS) - MONICREQUES - CASTELÁN
Andersen, el patito feo proponnos mergullarnos na coñecida historia desta ánade e na infancia do seu autor, o escritor danés Hans Christian Andersen (1805-1875), quen dicía que este conto era a súa autobiografía tamén.
El foi un neno diferente aos demais. Polo seu físico, torpeza e baixa clase social. Sufriu acoso, rexeitamentos e achou refuxio na literatura, no teatro, nos monicreques, nos papeis recortados. As súas feridas conseguiu cambialas e convertelas en contos, que centos de anos despois lense no mundo enteiro e revélanse como auténticos relatos que forman parte do patrimonio da humanidade.
O espectáculo inspírase ademais nunha parte menos coñecida do legado de Andersen: os papeis recortados que fixo durante toda a súa vida, tamén co obxectivo de contar historias con eles.
A fábula El patito feo aborda temas tan cruciais para a sociedade contemporánea como o bullying, a xenerosidade, a beleza, a aceptación corporal, a autenticidade, o amor propio.
En forma de conto musical, monicreques e narración, trazan as augas deste estanque felizmente poético que pon en valor a importancia da bondade, o afecto e a imaxinación como espazos de comprensión do mundo.