DANZA TRADICIONAL/FRAN SIEIRA COMPAÑIA DE DANZA
Ese Soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser… e á vez o medo e a incertidume que me dominan e fanme voltar a ese estado de consciencia que me dí que non é máis ca un Soño e que non deixará de ser nunca máis ca iso…
Dentro do meu soño teño ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que xeito e onde. Só importa a música e o movimento que o meu corpo xera ao
sentila.
É o meu Soño, só mando eu. Dentro del non hai medos nin complexos. No Soño podo facer voar a miña imaxinación a límites insospeitados, limites inalcanzables para min ao despertar cada mañá desa cama. No meu Soño podo bailar como eu sei, espremendo o máis pequeno anaco de creatividade sen medos nin prexuízos porque é o meu Soño. A miña obra que cada noite me invade, apoderándose da miña inconsciencia e facéndome vivir o que fora desa cama non me atrevo a amosar.
Entre Soños é unha obra de baile e música tradicional galega.