ENTRESOÑOS

  • Danza
DATOS BÁSICOS

DANZA TRADICIONAL/FRAN SIEIRA COMPAÑIA DE DANZA

Ese Soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser… e á vez o medo e a incertidume que me dominan e fanme voltar a ese estado de consciencia que me dí que non é máis ca un Soño e que non deixará de ser nunca máis ca iso…

Dentro do meu soño teño ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que xeito e onde. Só importa a música e o movimento que o meu corpo xera ao

sentila.

É o meu Soño, só mando eu. Dentro del non hai medos nin complexos. No Soño podo facer voar a miña imaxinación a límites insospeitados, limites inalcanzables para min ao despertar cada mañá desa cama. No meu Soño podo bailar como eu sei, espremendo o máis pequeno anaco de creatividade sen medos nin prexuízos porque é o meu Soño. A miña obra que cada noite me invade, apoderándose da miña inconsciencia e facéndome vivir o que fora desa cama non me atrevo a amosar.

Entre Soños é unha obra de baile e música tradicional galega.

PREZOS

ESPECTÁCULO EN PERIODO DE VENTA DE ABONADOS ATA O 4 DE XANEIRO DE 2019.

A VENDA DE LOCALIDADES A TARIFA REDUCIDA FARASE UNICAMENTE A TRAVÉS DO DESPACHO DE BILLETES DO PAZO DA CULTURA.

FICHA ARTÍSTICA

AUTOR: FRAN SIEIRA

DIRECCIÓN : FRAN SIEIRA E DAVID VILARINYO

ADAPTACIÓN: FRAN SIEIRA E DAVID VILARINYO

ESCENOGRAFÍA: VANESA HERNÁNDEZ (DiiVANT)

DESEÑO SON: ANXO PINTOS

DESEÑO ILUMINACIÓN: LUIS PERDIGUERO

VESTIARIO: ALESSIO MELONI

MÚSICA; ANXO PINTOS

COREOGRAFÍA: FRAN SIEIRA 

ELENCO: FRAN SIEIRA, XISCO FEIJOÓ, AIDA TARRÍO.