ZAPATOS

DATOS BÁSICOS

TEATRO PARA BEBES

¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa?

 

Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores.

 

Unha rapaza é a encargada de coidalos, de dárllela benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

 

Zapatos narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

 

Espectáculo recomendado na Rede Nacional de Teatros.

 

PREZOS

2023-03-05 - 18:00:

  • ABONADOS: 6,65 €
  • PUBLICO XERAL: 9,50 €
  • REDUCIDA: 6,65 €
  • MENORES 14 ANOS: 5,50 €

FESTIVAL SINGULAR