XOEL LÓPEZ: SI MI RAYO TE ALCANZARA
Afirma Manuel Jabois que este disco provén "dun home sentado nun burro, cargando un violín mentres atravesa aldeas dos montes galegos e asturianos na posguerra".
Chámase Florencio López, Florencio dos Vilares, e está cego, por iso tamén lle chaman O Cego dos Vilares. É un dos máis consagrados representantes dos cantares de cego.
Xoel López dedícase ao mesmo que o seu tío avó Florencio pero con menos dioptrías.
Non presenta un disco, senón unha carreira. Nun tempo de famas efémeras, de éxitos que dan a volta ao mundo e cando aínda no acabaron de dala a xenta xa se esqueceu do seu creador, Xoel permanece.
Hai unha lóxica formidable na súa traxectoria e unha música interior nas súas canciónsque remiten a algo para o que se necesita tempo e carácter: "un son propio"