AS VIRXES SALVAXES

DATOS BÁSICOS

AS VIRXES SALVAXES

As virxes salvaxes é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución. Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas.

A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma.

De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.

PREZOS

*PREZOS:

TARIFA PÚBLICO XERAL 9.50€

TARIFA REDUCIDA 6.65€ - Abonad@s, desempregad@s, con Carné Xove ou de estudante (ata 25 anos)

 

*Á venda de entradas a tarifa reducida farase únicamente a través das billeteiras do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.

Teléfono de atención 981 102 897

 

ESPECTÁCULO Á VENDA

FICHA ARTÍSTICA

REPARTO:

Elina Luaces                        Actriz no papel de Maruxa          

Luma Gómez                     Actriz no papel de Lourdes  

Rosa Álvarez                      Actriz no papel de Carmiña

Imma António                   Actriz no papel de Doutora

Ana Santos                         Actriz no papel de Adela  

Manuela Varela                Actriz no papel de filla

Miguel Pernas                   Actor no papel de Saturio

Fernando González         Actor no papel de Bernardo

 

Equipo Taetro                    Deseño de escenografía e vestiario

Eva Alonso                          Produción e deseño gráfico

Eduardo Alonso                Autor,  iluminación e dirección