THE VERY BEST OF DIRE STRAITS - BROTHERS IN BAND

  • Música
DATOS BÁSICOS

THE VERY BEST OF DIRE STRAITS - BROTHERS IN BAND - EUROPEAN TOUR 2023/ 2024

Recoñecidos como o maior espectáculo internacional homenaxe a dIRE sTRAITS, bROTHERS iN bAND percorre Europa visitando Holanda, Portugal, Alemaña, Francia, Luxemburgo, Andorra e España co seu renovado”The Very Best of dIRE sTRAITS”, transportándonos na súa particular máquina do tempo a través dun seleccionado, coidado e amplo repertorio que pertence xa á memoria colectiva de varias xeracións a nivel mundial.

Se a guitarra e voz de Mark Knopfler foron fundamentais en dIRE sTRAITS o mesmo ocorre con Angelo Fumarola. A súa voz, a súa postura, os seus xestos, a súa expresividade e a súa espectacular forma de tocar a guitarra móstrannos ao Mark Knopfler dunha época pasada, aquel que nos levaba da man con melodías que xa pertencen á memoria colectiva, aquel que nos deixaba asombrados coa velocidade e expresividade dos seus dedos, a forza e sensibilidade das súas composicións e a súa tan persoal forma de tocar e expresar sentimentos e emocións a través da súa guitarra.

Non menos importante é a banda que acompaña a Angelo Fumarola, recoñecidos e apaixonados músicos de primeiro nivel que interpretan e recrean con fidelidade e un altísimo nivel o espectacular legado musical da banda de Mark Knopfler, convertendo así a bROTHERS iN bAND nun dos mellores espectáculos tributo a nivel internacional e con maior percorrido no continente europeo.

En «The Very Best of dIRE sTRAITS», bROTHERS iN bAND repasa o máis destacado da banda británica nun show que revivirá desde o son limpo e cristalino de Down to the Waterline, o antolóxico Money For Nothing, pasando por clásicos como Sultans of Swing, Telegraph Road, Romeo & Juliet, Tunnel of Love ou Lady Writer, e revisitando xoias como News, Why Worry, One World, It Never Rains e moitos outros máis nun show de máis de 2 horas.

bROTHERS iN bAND destacou pola súa fidelidade na interpretación das ben diferenciadas etapas musicais e formacións da desaparecida banda fundada por Mark Knopfler, David Knopfler, John Illsley e Pick Withers, cun set list que abarca desde os seus inicios en 1977 ata a súa disolución a principios dos anos 90.

Vive a experiencia dIRE sTRAITS con bROTHERS iN bAND!

 

PREZOS

2024-04-06 - 20:30:

  • PREZO PROMOCIONAL : 25,00 €
  • ANTICIPADA : 30,00 €
  • ÚLTIMA HORA : 32,00 €

 

FICHA ARTÍSTICA