VA DE BACH
E se o telón de fondo é de veludo vermello? E o chan, dourado? E se espimos o escenario? E se, de aperitivo, en lugar de comezar no escenario facémolo no patio de butacas? E se construímos unha man xigante como a que podería tocar un órgano xigante? E se hai pianos pequenos?
E se uns globos acaban cantando? E que pasaría se fosen pinchados? E se bailamos un mambo colectivo ao ritmo de Bach? E se unhas supostas perrucas barrocas regalan metros de papel? E se tomamos un café escoitando o que Bach compuxo precisamente para un café?
E se abrimos unhas portas para comprobar que somos duplicados do outro lado? E se un gorila enorme está triste? E se toleamos, nos emocionamos e rimos con Bach, a súa música e o seu universo? Todas estas preguntas e moitas máis, en “Va de Bach”. E para todo o demais, Bach!