FOLK TRADICIONAL
O internacionalmente coñecido Anxo Lorenzo preséntanos o seu novo CD chamado Vórtex. O álbum "cociñado" lentamente en Galicia, Irlanda e Escocia ten colaboracións especiais con músicos famosos do mundo do folk e continúa pola ruta acústica experimental, como nos álbums anteriores, Tirán e Confuxon.
Novas composicións e sorprendentes arranxos onde Anxo, unha vez máis, leva as gaitas galegas e asubíos ao límite co seu particular estilo libre en busca de novos sons, ritmos e fusións xunto co fantástico violinista irlandés Eoghan Neff.
Vórtex é o cuarto álbum de estudo de Anxo Lorenzo. No seu novo espectáculo, Anxo Lorenzo incluirá algunhas sorpresas e colaboracións do seu álbum Vórtex, creando momentos musicais marabillosos, máxicos e únicos xunto coa súa banda
Prezos:
*Tarifa abonad@s: 6.65€
*Tarifa público xeral: 9.50€
*Tarifa reducida: 6.65€ (con Carné Xove ou de estudante (ata 24 anos), desempregad@s)
*Tarifa nen@s: 5.50€ (menores de 14 anos)
**Espectáculo en período de reserva de abonad@s, venda ao público xeral a partir do mércores 21 de agosto.
***A venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura de Narón, presentando a debida documentación.
+info 981 102 897
ANXO LORENZO BANDA
Anxo Lorenzo (gaita e whistles)
Eoghan Neff (violín)
Xosé Liz (bouzouki)
Pablo Lafuente (guitarra)
Adrián Saavedra (ukelele e teclados)